Guía básica de Runas: Que símbolo necesitas activar hoxe no teu día a día?

As runas non son só un alfabeto antigo; son arquetipos de enerxía. Na nosa web, en Nexus, dicimos que levar unha runa non é superstición, é intención. É unha ferramenta visual potente para o teu cerebro.

Cando escolles un amuleto cunha runa, non estás mercando un deseño, estás elixindo que parte de ti queres potenciar hoxe.

O teu momento actual define a túa runa

Moitos clientes pregúntannos por onde empezar. A resposta é simple: Pares e escoitas. ¿En que momento vital estás? ¿Que che falta cando a semana se complica?

Aquí tes unha guía rápida para axudarche a escoller segundo o que necesitas activar hoxe:

1. Se necesitas Seguridade e Protección: A Runa ALGIZ

A Algiz simboliza os cornos do alce ou a forma de unha man aberta en sinal de defensa. É a túa áncora visual cando te sentes vulnerable ou cando o ambiente está cargado.

  • Actívaa se: Vas ter unha reunión difícil, estás nun proceso de cambio ou simplemente necesitas recordar que estás a salvo e en paz.

2. Se buscas Abundancia e Éxito: A Runa FEHU

A Fehu representa o gando (a riqueza na antigüidade). Non é só abundancia material; é a enerxía de crear, mover e prosperar co teu esforzo.

  • Actívaa se: Estás empezando un proxecto, queres mellorar o teu traballo ou necesitas un recordatorio de que o teu esforzo ten valor e dá froitos.

3. Se necesitas Forza interior e Coraxe: A Runa URUZ

A Uruz é o uro, o touro salvaxe. É a enerxía pura, a vitalidade e a coraxe para enfrontar o que vén. Lembra o lema da nosa web: “Hoxe podo con todo”.

  • Actívaa se: Tes un día esgotador por diante, estás superando unha enfermidade ou necesitas ese empuxón extra para saír da túa zona de confort.

A “Maxia” de Nexus: O amuleto só recorda o que ti xa tes dentro. Ti fas o traballo, a runa é a túa áncora visual na era de Google Calendar.

¿Cal é a túa?

A mellor runa é aquela que che entra polos ollos sen pensalo. Se sentes que unha delas te chama, probablemente sexa a que máis necesitas hoxe.

Se tes dúbidas, en Nexus estamos aquí para facer esa pausa no mundo contigo e axudarche a atopar a túa.

Runas

Deixa un comentario